EVENTOS

12/11/2026

SERIES EN SERIO

O próximo xoves teremos con nós a Pepe Coira, un home que adicou toda a vida ao sector audiovisual, a mirar, contar e impulsar o cinema galego, entre a crítica, a televisión, a produción e a investigación audiovisual. Vainos falar do mundo das series televisivas, das películas e, en xeral, do mundo audiovisual.

Pepe Coira Nieto é un guionista e produtor independente, cunha ampla traxectoria no cinema, a televisión e o documental. É guionista de Antes de nós (Ángeles Huerta, 2025) e creador, xunto con Fran Araújo, das series Hierro, Rapa e La canción, ademais de Ardora. Tamén participou en ficcións televisivas como Luci e As leis de Celavella. Ao longo da súa carreira tamén exerceu como docente, foi o primeiro director do CGAI e traballou como crítico de cinema e televisión. 

22/10/2026

BEGOÑA CAAMAÑO

Este ano 2026 adicouselle o Día das Letras Galegas á escritora e xornalista galega Begoña Caamaño Rascado, que tamén destacou como feminista e activista política.

Begoña traballlou nos servizos informativos de Radio Popular e Radio do Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia de Noticias de Galicia e do diario madrileño El Sol e colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza. A partir de 1989 incorporouse á Radio Galega.

Recibiu varios premios literarios entre eles o  da Crítica de narrativa gallega que otorga la Asociación Española de Críticos Literarios, o Antón Losada Diéguez de creación literaria en 2013, así como o premio Ánxel Casal e o da Asociación de Escritores en Lengua Gallega.

Para falarnos dela temos con nós a dúas esctitoras galegas actuais que comparten con ela profesión e moitas das súas inquedanzas , Ana Romaní e Emma Pedreira.

Ana Romaní Blanco, poeta e xornalista cultural galega, académica numeraria da Real Academia Galega. En 2018 gañou o premio Premio Nacional de Periodismo Cultural de España.

Emma Pedreira Lombardía é unha escritora en lingua galega. Licenciada en Filoloxía Hispánica, é unha poeta e narradora encadrada na Xeración dos 90. Formou parte da Plataforma de crítica feminista A Sega entre 2016 e 2019. Colaborou na revista Ligeia. Gañou o Premio da Crítica Española en Lingua Galega, o Premio Xerais de novela e o premio Jules Verne de Literatura Infantil entre outros moitos.

15/10/2026

PODEN PENSAR AS MÁQUINAS?

A intelixencia artificial (IA) acaba de irromper con forza na nosa vida cotiá e como pasou sempre coas grandes novidades (cinema, televisión) xera moitas dúbidas e ten defensores e detractores. Para aclarar algo este tema organizamos este acto que pensamos nos vai axudar a despexar algunhas dúbidas que temos.

Senén Barro Ameneiro obtivo a licenciatura e o doutoramento en Física pola USC. Na actualidade é catedrático da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial. Foi director do Departamento de Electrónica e Computación da USC e reitor desa Universidade. Na actualidade é investigador en numerosos proxectos e contratos de investigación, internacionais na Unión Europea, estatais e nacionais e director científico de CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC). É autor de máis de 300 artigos científicos e máis de 500 de divulgación e opinión en medios de comunicación. Socio fundador das spin- off SITUM Technologies e InVerbis. Membro da Real Academia Galega de Ciencias. Premio Nacional de Informática José García Santesmases 2020.

TREN E BUS: CONEXIÓNS NECESARIAS

Táboa redonda para falar sobre os problemas da conexión por ferrocarril e do transporte de viaxeiros por estrada nesta comarca e da necesidade de mobilizarse para conseguir unhas mellores conexións, para no quedar illados nun apartado tan importante para o futuro da zona.

Contaremos coa participación da historiadora Esperanza Piñeiro Sanmiguel e do técnico ferroviario Gregorio Bermejo, ambos pertencentes ao Foro Ferrolán polo Ferrocarril.

Por outra banda estarán connosco Xaime Acuña, voceiro da Federación de AMPAS de Ferrolterra e Mercedes Alonso, coordinadora de Teima Down Ferrol. representantes da Plataforma Transporte Digno.

IV CORTEXO CÍVICO DAS LETRAS GALEGAS

Por 4º ano consecutivo o Ateneo Eumés Fernán Martís xunto co Coletivo Terra celebran o Día das Letras Galegas organizando un Roteiro Cívico polas rúas e prazas de Pontedeume, no cal se irán facendo diversas paradas naqueles sitios emblemáticos onde viviron diversos personaxes sobranceiros da cultura eumesa.

Dende o balcón ou fiestra deses lugares falará un representante da cultura actual de Galiza. Participarán Luís Álvarez Pousa, xornalista e profesor na USC; Daniel Salgado García, poeta e xornalista; Felipe Peña, arquitecto e profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña; Tono Correa Corredoira, pintor, gravador e escultor galego; María Comesaña Besteiros, escritora e creadora de contido para diversas empresas; Tito Asorey, actor e director de teatro; Xosé Mª Álvarez Cáccamo, escritor e crítico literario; Coral Polifónica Eumesa co seu director Xosé Paz.

O Cortexo estará acompañado pola Banda da Escola de música Charamela de Pontedeume.

Este acto conta coa colaboración do Concello de Pontedeume e a Deputación da Coruña.

XOVES, 30 DE ABRIL DE 2026

O PAZO DO PIÑEIRO

Palestra e presentación dun libro que con este título nos conta a historia deste pazo sito na parroquia de Caamouco (Ares), que está actualmente en proceso de rehabilitación a cargo do arquitecto Jorge Salgado que é o promotor deste libro. Contaremos coa presenza de tres coñecidos historiadores e dunha actuación musical.

Jorge Salgado Cortizas é arquitecto na especialidade de Edificación pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. Conta con premios de arquitectura e de proxectos.

Carlos de Castro Álvarez é un historiador e escritor residente en Pontedeume, considerado como un dos máximos expoñentes da nova historiografía galega.

Bernardo Maiz Vázquez é licenciado en Xeografía e Historia pola USC e Doutor en Historia Contemporánea. Foi profesor de secundaria e catedrático no IES Concepción Arenal (Ferrol)

Matide González Méndez é arqueóloga e doutora en Xeografía e Historia pola USC. Dedícase fundamentalmente, á revalorización do patrimonio cultural e imparte docencia en cursos de especialización e másteres.

VENRES, 24 DE ABRIL DE 2026

ABRIL DE LUME E FERRO

180 ANOS DA REVOLUCIÓN GALEGA NO EUME E AS MARIÑAS

En colaboración coa plataforma social Vía Galega e co Coletivo Terra organizamos unha palestra en conmemoración do 180 cabodano da Revolución Galega de 1846, tamén coñecida como o Levantamento de Solís.

Será no local social do Coletivo Terra sito na Av. da Coruña, 17 baixo de (Pontedeume), ás 19:30 horas.

Foi un pronunciamento progresista que se iniciou o 2 de abril de 1846 en Lugo coa sublevación do segundo batallón do Regimiento de Zamora. O comandante Miguel Solís liderou as tropas, ao tempo que se constituíu unha Xunta presidida por Manuel Becerra e un novo goberno municipal. A sublevación espallouse con rapidez por Galicia e nos días seguintes as cidades de Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e Tui apoiaron o pronunciamento. O 15 de abril celebrouse unha asemblea en Santiago de Compostela presidida por Solís, na que se constituíu a Xunta Superior do Goberno de Galicia. Os principais dirixentes do pronunciamento foron xulgados por un tribunal militar que se instalou en Carral e morreron fusilados o 26 de abril.

VENRES, 17 DE ABRIL DE 2026

CEN ILÍADAS

Presentación da novela “Cen Ilíadas”; un thriller que ten como escenario a delegación dunha multinacional europea en España e as conspiracións entre os seus directivos, publicada pola Editorial Toxos Outos neste ano 2026. Estará a cargo do seu autor Marcelino Fernández Mallo en conversa co economista Ramón Yáñez Brage.

Marcelino Fernández Mallo é un economista e escritor cunha fonda preocupación pola situación económica e social de Galicia. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola UNED. Desenvolveu a meirande parte da súa carreira profesional no sector financeiro galego desenvolvendo labores executivas. Colabora como articulista en Radio Galega, Vieiros, Xornal de Galicia, Economía digital, Galicia Confidencial e Nós Diario.

VENRES, 13 DE MARZO DE 2026

A NOVELA DO BRAVÚ

Este libro de Xurxo Souto é unha obra que celebra a experiência colectiva de unha xente nova que decidiu saír do discurso dominante nos anos noventa. A novela é unha verdadeira iniciación oceánica, onde o autor utiliza a lingua galega para dialogar coa súa propia realidade. A obra é unha celebración da vida e da cultura, refletindo a súa experiencia e a súa visión do mundo.

Xurxo Manuel Souto Eiroa é un cantante, acordeonista, escritor, actor, director e locutor galego. É licenciado en filoloxía clásica. O labor que o fixo máis popular foi o de líder e vocalista da banda de rock en gallego Os Diplomáticos de Monte-Alto entre 1990 y 2001. Tamén foi piar de proxectos como a Banda Xangai e autor das obras Contos do mar de Irlanda, A gran travesía de Chiruca Macallás ou Somos un pobo de artistas: o método Luísa Villalta. 

VENRES, 20 DE FEBREIRO DE 2026

VÍCTOR LÓPEZ SEOANE

Neste acto queremos render unha merecida homenaxe este naturalista nado en Ferrol e que residiu no seu momento no Pazo de Rioboó (Casa Grande) de Cabanas. Ten publicadas varias obras sobre a flora e fauna de Galicia e de España na 2ª metade do século XIX. Actualmente hai unha exposición sobre a súa obra na Coruña titulada Seoane&Darwin.


VENRES, 19 DE DECEMBRO DE 2025

“O CONTO DO COMO CONTO”

E para poñer a guinda as actividades deste ano, volvemos a traer a Pontedeume ao gran Quico Cadaval para falarnos da tradición oral, de como se conta o que sempre se contou, visto dende a óptica especial deste marabilloso comunicador.

Quico Cadaval é un actor, director, adaptador teatral e narrador galegol, impulsor do movemento de radioteatros  Comezou a interpretación teatral a finais dos anos setenta no Centro Dramático Gallego, nos años oitenta fundou a súa propia compañía: “O Moucho Clerc”. Traballou en diferentes producións de TVG, así como en curtametraxes e longametraxes, e recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro.

VENRES, 12 DE DECEMBRO DE 2025

“BEN MANTIDOS”

“BOAS VIDES: TINTO”

Esta vez o Ateneo Eumés vai realizar un acto un tanto diferente; imos facer un acto cultural como sempre, pero neste caso sobre a cultura vitivinícola. Para elo contaremos co historiador Xavier Castro que nos falará do seu libro “Ben mantidos”, e tamén co adegueiro Antonio Míguez que nos presentará o seu tinto “Boas vides”. De seguido haberá unha pequena degustación.

Xavier Castro Pérez é Licenciado en Xeografía e Historia pola USC, obtendo en 1982 o doutoramento en Historia. Desde 1991 exerce a docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Impartiu docencia na Université de Rennes e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París.

Antonio Míguez Amil é un viticultor gallego que adicou a súa vida á recuperación de variedades autóctonas e á produción de viños cun enfoque na historia e a conexión coa terra. O seu proxecto “Viños con alma” busca construir un futuro a partir do pasado, utilizando viños que reflicten a identidade do Ribeiro e as tradicións ancestrais da rexión.

VENRES, 21 DE NOVEMBRO DE 2025

“CASTELAO. ÉTICA E POLÍTICA”

Este ano cumpriuse o 75º cabodano da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Buenos Aires, 7 de xaneiro e 1950). Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Foi un narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Está considerado o Pai do nacionalismo galego.

Castelao foi membro das Irmandades da Fala. Colaborou asiduamente no xornal A Nosa Terra, voceiro das Irmandades. Foi nomeado membro do Seminario de Estudos Galegos.

No 1931 foi elixido deputado en Cortes pola Federación Republicana Gallega (FRG-ORGA) e no 1836 pola Fronte Popular. Participou con innumerables mitins e na creación de carteis na campaña para a aprobacion do Estatuto de Galicia, aprobado en 1936. En setembro de 1939 foi nomeado Xefe do Partido Galeguista e en 1946, foi nomeado ministro do Goberno republicano no exilio.

Miguel Anxo Seixas Seoane é un historiador galego. Licenciouse en Historia da Arte Moderna e Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Foi redactor e guionista da Televisión de Galicia e coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Actualmente é presidente da Fundación Castelao.

Entre outras moitas obras é o autor da biografía “Castelao. Construtor da nación” (3 volumes).

VENRES, 24 DE OUTUBRO DE 2025

“O CINEASTA ANDARIEGO. A PROPÓSITO DE BERNARDINO DE LAMAS”

Neste libro de Edicións Embora recupérase a figura de Alfonso Piñón, un xornalista e comerciante ferrolán que, baixo o alcume de Bernardino de Lamas, se adicou a percorrer Galicia cunha cámara ao lombo e que se convertiu nun dos pioneiros do cinema galego. O acto contará co autor do libro, Manolo González, e nel proxectaranse uns filmes inéditos sobre Caaveiro e as ribeiras do Eume.

Manuel González Álvarez, a Rúa en 1955, é un guionista e investigador cinematográfico galego. Licenciado en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid, participou na formación de cineclubs na Rúa, Santiago de Compostela e Madrid. Foi responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia, da Videoteca de Galicia e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998). Estivo vinculado á produtora Videovoz TV, na que realizou labores de produción, guión e realización de programas para a TVG. Levou a cabo traballos de investigación sobre a historia do cine.

VENRES, 10 DE OUTUBRO DE 2025

“A MORTE NAS FRAGAS”

O venres 10 de outubro, acolleremos un acto de memoria e resistencia centrado na historia de Galiza durante a Guerra Civil e a posguerra. Contaremos coa presenza dos autores Anxos García Fonte e Carlos Sardiña para presentar a súa novela gráfica, A morte nas fragas, e como introdución proxectarase a curtametraxe documental Os fíos da memoria.

A morte nas fragas, con guión de Anxos García Fonte e debuxos de Carlos Sardiña , é unha novela gráfica que narra a historia de violencia e resistencia na Galicia rural entre 1936 e finais da década de 1950. A obra artéllase a través de varias historias humanas entrelazadas, baseadas en relatos de transmisión oral , que amosan o impacto da represión fascista na vida cotiá do pobo.

Para completar o acto, Henrique Sanfiz proxectará o documental Os fíos da memoria (27 min), producido por Son Radiofusión e realizado por Xarda Producións.

Anxos García Fonte é a guionista da novela. Doutora en Filoloxía galego-portuguesa, traballou como xornalista cultural e crítica literaria en diversos medios como Xornal de Galicia, Sermos Galicia, Radio Fene ou o Consello da Cultura Galega. En 2022 estreou a curtametraxe A rosa incandescente, da que é guionista e produtora. Foi profesora na nosa localidade e forma parte da Directiva do Ateneo Eumés.

Carlos Sardiña é o debuxante da obra. Formado como deseñador gráfico e ilustrador, é o fundador da web de ilustracións personalizadas telodibujamos.com. É colaborador da editorial Son Radiofusión, ilustrando libros como Galicia acorda, Bóveda ou María Casares, eu son o océano.

VENRES, 26 DE SETEMBRO DE 2025

“O EUME AMEAZADO: ENCE NAS PONTES”

Ante o proxecto de ENCE de instalar unha fábrica de papel tisú nas Pontes, a nós parécenos moi interesante saber o impacto ecolóxico que pode ter para a comarca do Eume, en xeral, e para o Río Eume e a a Ría de Ares en particular.

Para este fin imos contar con Fins Eirexas que é un xeólogo, ecoloxista e sindicalista galego, membro da secretaría técnica da asociación ecoloxista ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), e dende 2006 o seu secretario executivo.

VENRES, 19 DE SETEMBRO DE 2025

“O PINTOR FRANCISCO MIGUEL”

Francisco Miguel Fernández Díaz foi un pintor surrealista, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego. Tivo ao seu cargo a Librería de Arte, na rúa Real de A Coruña, e colaborou activamente coa revista Alfar, da que foi director artístico. Residiu sete años en México e regresou a Galicia en 1935, instalándose coa su muller, a coruñesa Syra Alonso, e os seus fillos en Santa Cruz de Oleiros. 

A obra plástica de Francisco Miguel, exposta fai anos en México, Madrid e A Coruña, situanos ante un artista excepcional, un debuxante de trazo estilizado, un retratista de profunda impronta, sempre atento ao soplo da modernidade cando nos conmove. coas súas auras de luz marina en magníficos lenzos de temática coruñesa. 

Francisco Miguel Fernández Díaz foi fusilado o 29 de setembro de 1936 na parroquia carballesa de Bértoa. A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica exhumou no cemiterio de Bértoa os corpos dos coruñeses Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla Fraga, Pedro Pinilla Calvete e Francisco Miguel Fernández Díaz. Os catro apareceran en Queo de Arriba, con feridas de bala, e foron depositados no cemiterio de Bértoa. Os seus restos serán enterrados no camposanto de San Amaro.

O vindeiro domingo 31 de agosto faremos en Pontedeume un acto público en conmemoración do primeiro discurso político dado en lingua galega polo mestre galego Galo Salinas Rodríguez, dende o balcón do Concello de Pontedeume o día 8 de agosto de 1891.

Galo Salinas Rodríguez foi un xornalista, dramaturgo e escritor galego que no ano 1876 veu vivir a Pontedeume para exercer o maxisterio na nosa vila. Foi un prolífico autor dramático e estudoso do teatro, o que se reflicte na súa obra, Memoria acerca de la dramática gallega. Causas de su poco desarrollo e influencia que en el mismo puede ejercer el Regionalismo (1896).

O discurso de Galo Salinas pronunciouse en Pontedeume o citado 8 de agosto de1891 no acto inaugural da Asociación Rexionalista que presidía o mesmo Salinas. No acto un orfeón cantou o Himno a Pontedeume, con letra galega de Salinas e música de Eduardo Pita.  Despois da lectura de poesías, a velada rematou cun baile.

O acto comezará ás 12:30 horas co descubrimento dunha placa conmemorativa no ástrago do Concello coa presenza do alcalde Bernardo Fernández. Logo o acto trasládase á Alameda onde se recordará a figura e Galo e o seu discurso, e nel intervirán a escritora e académica Margarita Ledo, a cantante lírica Ana Belén Manteiga, o actor e monologuista Quico Cadaval e o presidente da Real Academia Galega Henrique Monteagudo, acompañados pola música de Charamela.

“ALTRI, A LOITA FINAL”

Proxección do documental ‘A loita final’, dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, para dar visibilidade a problemática da instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei (A Ulloa). A seguir coloquio con Mabel productora do filme.

Neste traballo totalmente independente, unha serie de persoas expertas en diversos eidos abordaron de maneira ampla e crítica os posibles impactos desta fábrica de celulosa, que conta cun alarmante informe por parte do Consello da Cultura Galega.

“ÓPERA OMNIA”

Presentación deste libro escrito polo eumés Pedro Incio Piñeiro, no cal nos conta unha serie de relatos autobiográficos sobre da súa familia.

Pedro Incio Piñeiro naceu na Coruña. Viviu en Pontedeume, Santiago de Compostela e Barcelona. Cursou o bacharelato de Ciencias no Colexio Luis Vives de Pontedeume e licenciouse en Historia de América pola Universitat Central de Barcelona e en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Máis adiante, obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Humanidades pola Universidade da Coruña, institución na que tamén exerceu como profesor. Funcionario de carreira no ámbito bibliotecario, traballou na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, na Universidade da Coruña, onde chegou a ser Xefe do Servizo de Biblioteca.

“UNIVERSO CANTIGAS I“

“AS CANTIGAS DE AMOR“

O proxecto Universo Cantigas da UDC ten como obxectivo a edición crítica dixital dos textos que integran a lírica profana galego-portuguesa transmitida polos cancioneiros medievais. Esta primeira parte esta formada principalmente por cantigas de amor.

Participan no acto Manuel Ferreiro Fernández, lingüísta e escritor galego, profesor da USC, coaautor e coordinador da obra, e Bieito Arias Freixedo, profesor da UVigo, coautor da mesma.

III CORTEXO CÍVICO DAS LETRAS GALEGAS

Por 3º ano consecutivo o Ateneo Eumés Fernán Martís xunto co Coletivo Terra, organizan un Roteiro Cívico polas rúas e prazas de Pontedeume, no cal se irán facendo diversas paradas naqueles sitios emblemáticos onde viviron diversos personaxes sobranceiros da cultura eumesa.

Dende o balcón ou fiestra dese lugar falará un representante da cultura actual de Galiza. Participarán Antonio Manuel Fraga Allegue (Nogueirosa), escritor galego; Suso Martínez, conocido guía, historiador e escritor; Mónica Alonso, artista plástica: Ana Belén Manteira, soprano; Oriana Méndez, filóloga e poeta viguesa; Cristina Iglesias, actriz; María del Pilar Cagiao Vila, historiadora e profesora galega; Xesús Fraga, xornalista e escritor; Fran Alonso, escritor, editor e xornalista; cantareiras de San Pantaleón das Viñas (Paderne). O Cortexo irá acompañado pola Banda da Escola de música Charamela de Pontedeume.

Este acto conta coa colaboración do Concello de Pontedeume, a Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A continuación haberá un xantar de confraternización no claustro do Convento (Casa da Cultura), no que participarán todas as persoas que o teñan a ben, previa inscrición.

CONCERTOS ILUSTRADOS III

Rosa e Adolfina, dúas das cantareiras que lle poñen nome propio ás Letras Galegas 2025, foron a avoa e madriña de Richi Casás, este músico que se criou a cabalo entre a Vila da Igrexa (Cerceda) e o barrio da Agra do Orzán (A Coruña) Recibiu influencias musicais diversas, por un lado, a vivencia da música tradicional, da man de súa avoa; por outro, a cultura das bandas de música, que coñecía de perto pola experiencia como intérprete do seu avó.

Ten unha formación musical moi diversa, xa que foi gaiteiro nos torreiros e músico de orquestra en formacións coma Os Satélites, ao mesmo tempo que desenvolvía a súa carreira académica como saxofonista no Conservatorio Superior de Música da Coruña, coa especialidade de jazz.

Ao longo deste mes de abril imos poñer en marcha un ciclo que chamamos “VIVIR EN PONTEDEUME” que constará de tres palestras nas que se tratará o tema da vivenda en Pontedeume. Estes actos serán os seguintes:

1.- UNHA VILA MEDIEVAL PLANIFICADA, a cargo do profesor Xosé Lois Martínez Suárez, catedrático de UDC, da área de coñecemento de Urbanística e Ordenación do Territorio.

2.- REHABILITAR NUN CENTRO HISTÓRICO, a cargo Jorge Salgado Cortizas, arquitecto na especialidade de Edificación pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

3.- POLÍTICAS DE VIVENDA, a cargo de María Teresa Táboas Veleiro, doutora, arquitecta, profesora e política galega, que formou parte do goberno como Conselleira de Vivenda da Xunta de Galicia, entre 2005 e 2009

Neste acto a filóloga, profesora, académica e actual Presidenta do Consello da Cultura Galega, ROSARIO ÄLVAREZ BLANCO, vainos falar do galego que se fala na nosa comarca coas súas peculiaridades e características propias, que ela comprobou en vivo cando realizou as enquisas para a creación do Atlas Lingüístico de Galicia.

MEMORIA HISTÓRICA

O avogado, político e escritor galego ROBERTO MERA vainos presentar a figura do seu tío avó, o deputado republicano ALEJANDO VIANA e a súa decisiva intervención na evacuación desde Francia a América de 17.000 refuxiados republicanos despois do final da guerra civil española. Sobre este tema escribiu un libro titulado “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos” (Belagua, 2021) que recibiu en 2022 o premio Antón Losada Diéguez, na categoría de Investigación e Ensaio.

CONCERTOS ILUSTRADOS II

O músico mugardés XOÄN RUBIA vainos recitar os 6 poemas galegos do poeta granadino Federico García Lorca, estando acompañado á guitarra polo guitarrista e compositor DANIEL ADZEMIÁN e ademais complementado polos comentarios do escritor HENRIQUE ALVARELLOS.

CONCERTOS ILUSTRADOS

A cantautora Carolina Rubirosa interpretaranos algunhas das cancións do famoso cantante ferrolán xa desaparecido Andrés Dobarro.

Estará acompañada polo coñecido escritor e gran colaborador noso Xavier Alcalá por ser o autor das letras de varias cancións, que irá comentando as mesmas.

Presentación do libro “AS HORAS MORTAS” de Emma Pedreira Lombardía. Este libro percorre unha pequena parte dos máis de 3.600 cemiterios de Galicia. A autora viaxa, ás veces soa e outras acompañada por persoeiros vencellados ao cemiterio para coñecer máis de cerca as lendas e as historias reais, resultando unha antoloxía de lugares fúnebres e rituais e crenzas relacionadas coa vida e a morte.

Emma Pedreira Lombardía é unha escritora en lingua galega.1Licenciada en Filoloxía Hispánica, é unha poeta e narradora pertencente á Xeración do 90. ​A súa obra está compuesta de ensaios, libros de poesías e narrativa e leva gañados varios premios literarios.